Axenda

Ton Risco Trío & Joel Moreno
sexta feira 24 xuño 2016
Vistas : 80

TON RISCO TRÍO + JOEL MORENO

Aínda que estes tres músicos son vellos coñecidos de outras formacións ,non foi ata finais de 2013 cando nasceu este trío. E ten a súa razón de ser naintención de xuntar dous timbres singulares coma son o do vibráfono e o órgano nunha formación pequena e autónoma, emulando o tándem Joey DeFrancesco & Bobby Hutcherson.
O son resultante ten o toque tradicional dun trío mais cunha tonalidade cool, ca que xa teñen conquistado ó público en festivais coma Imaxinasons ou Ciclo 1906 Jaz, Festival de Jazz de Lugo, entre outros.

O repertorio do trío, recollido no seu primeiro CD “Ginger Lemon and Honey” (FreeCode, 2015), móvese entre os temas orixinais e os standards, onde xogan cas sonoridades máis íntimas, misturadas con groove e up tempos.

Nesta ocasión, únese á banda o guitarrista barcelonés Joel Moreno, amigo e compañeiro de escenario de Risco dende hai máis dunha década. O cuarteto tecerá un repertorio composto de temas orixinais de ambos músicos e arranxos persoais dalgúns standards.

Ton Risco: vibráfono
Joel Moreno: guitarra
Alex Salgueiro: órgano hammond
Naíma Acuña: batería

Prezo:3€

Lugar: Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.