Axenda

Chanzo
cuarta feira 22 xuño 2016
Vistas : 64

Alex Salgueiro, sintes, frautas, fx. Xacobe Martínez Antelo, baixo eléctrico, fx, loopers. Max Gómez, batería acústica e electrónica, fx.

Laboratorio experimental de I+D+i musical ao vivo os mércores 15, 22 e 29 de Xuño de 2016 ás 22:00 h.

Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez e Alex Salgueiro inician CHaNZo. Un novo proxecto en libertade.
CHaNZo experimenta cunha nova paleta de elementos arriscados e informáis, deixando que a música atope o
seu propio camiño. Estes tres músicos galegos dispoñen
da improvisación como fiel aliada, e comparten como unha obsesión a búsqueda de novos territorios musicais.
CHaNZo é música negra pero non só. É groove pero non só. É jazz pero non só.
CHaNZo atrapa a tódolos públicos.

Lugar: Fraggle Rock - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.