Axenda

Moura + Una Béstia Incontrolable
sexta feira 15 xullo 2016
Vistas : 219

Doblete de luxo no meridiano do mes. Os cataláns Una Bèstia Incontrolable son difíciles de avistar. Brutais e pesados como unha boa hostia, con un directo sobradamente bregado e contrastado polo mundo adiante, é a primeira vez que veñen polo noso rincón peninsular. Unha escoita ó seu primeiro LP "Observant Com El Mon Es Destrueix" deixa o teu salón cheo de cabezas segadas.

https://unabestiaincontrolable.bandcamp.com/

Tocan nesta noite irrepetible xunto a MØURΔ, proxecto dos insignes Diego Veiga (One Of These Days, Lüger), Pedro e Gonzalo (Saharah, Julius), Fernando (Fogbound, Elephant Band) e Hugo (Guerrera, Ictus). Psicodelia e stoner lisérxicos para completar un menú visceral que promete deixarnos a todxs a catro patas...

https://youtu.be/cddhMhOlFHU

Lugar: Nave 1839 - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.