Axenda

Supa Scoopa + The Black Wizards
sábado 02 xullo 2016
Vistas : 83

As Festas de Coia xa están aquí e no Distrito 9 imos a celebralo como a ocasión o merece cunha noite de música en directo e terraceo no corazón do barrio.

Comezará forte a noite cun concerto con dúas bandazas que nos poñerán de volta e media a base de stoner e rock psicodélico:

THE BLACK WIZARDS (Portugal)

https://www.facebook.com/theblackwizardsband
https://theblackwizards.bandcamp.com/

Na súa primeira visita deixáronnos abraiadxs e estamos moi ledxs pola súa volta. Veñen de xirar por Europa pero non paran quetxs e seguen facendo máis datas, mostrando a súa maxia fuzz alí por onde van.

Lanzaron recentemente o seu Lp debut “Lake Of Fire” que sintetiza todo o que The Black Wizards levan na chistera.

https://www.youtube.com/watch?v=f9eA77if8ns

SUPA SCOOPA (Vigo)

https://www.facebook.com/SupaScoopaStoner
https://supascoopa.bandcamp.com/

Pouco que decir deles que non saibamos xa. Unha das bandas expoñente do stoner da cidade con moita experiencia e potente directo.

O seu ultimo disco é “Gods Of Heaven And Earth”, zume de stoner con pulpa heavy que revitaliza.

https://www.youtube.com/watch?v=HKuLzhR0gS8

Abiremos portas as 19h para xs amantes das previas e o concerto dará comezo sobre as 21h.

A aportación para as bandas será de 4 euros.

Unha vez rematado o concerto, sobre as 0h, o acceso xa será libre para aquelxs que queirades desfrutar dun refrixerio cunha pinchada musicofestiva e ver o habitual espectáculo pirotécnico comodamente dende o noso xardín.

VIVA COIA!!

Lugar: Distrito 09 - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.