Axenda

XVII Memorial Ricardo Portela
From sexta feira 08 xullo 2016
To sábado 09 xullo 2016
Vistas : 202

Venres 8 de xullo

•→ De 17.00 a 21.30 h XIV Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais. Praza da Ferraría. Serán os 12 artesáns máis reputados de toda Galicia.

•→ 20.00 h Pasarrúas de Son d’aquí. Nas prazas e rúas da cidade

•→ 21.00 h Actuación de Cantata Vernácula. Praza da Ferraría

Sábado 9 de xullo

•→ De 11.30 a 14.00 h e de 17.00 a 21.30 h XIV Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais. Praza da Ferraría

• → 12.00 h Pasarrúas do grupo De Virasón. Rúas e prazas da cidade

•→ 19.30 h Pasarrúas dos grupos Gaiteiros das Rías Baixas e Ludovaina. Nas prazas e rúas da cidade

• → 21.00 h Homenaxe a Basilio Carril. Praza da Ferraría

‣ Basilio Carril naceu en Arzúa, en 1914. Marchou a Compostela onde mantivo o obradoiro de construción de instrumentos artesáns do seu pai, e mantivo a sona mundial dos seus instrumentos que tiñan unha gran beleza e calidade. De feito, hoxe están en museos de todo o mundo.

‣ Formou parte do grupo Cantigas e Agarimos, do que foi gaiteiro principal. Co grupo viaxou por toda Europa e América Latina. Fixo moitas gravacións, especialmente entre os anos 1964-1974, gañando varios concursos de gaiteiros da época.

‣ O Memorial Ricardo Portela permite achegarse a figuras de grande importancia para a cultura e a tradición musical galegas, que non son moi coñecidas polo público en xeral, como pode ser o caso de Basilio Carril.

•→ 21.15 h Actuación dos Carunchos. Praza da Ferraría

Lugar: Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.