Axenda

Dakidarría-CANCELADO
sexta feira 05 agosto 2016
Vistas : 79

Sentimos comunicar que o concerto programado para mañá venres 5 de Agosto en Gondomar queda cancelado.

O concello subiu a noticia ás súas redes onte pola tarde sen comunicarnos nada a nós.
LOS AMANECE PRODUCCIONES (a nosa axencia de management e contratación) viña carrexando problemas con eles e pola nosa parte fixemos todo o posible por solucionalos, non podemos dicir o mesmo doConcello de Gondomar. Chamadas sen resposta, mails sen resposta, conversas surreais e sensación de total descoordinación no concello.
A pesar da inoperancia e pésima xestión do Concello de Gondomar sempre tentamos solucionar os problemas. A súa resposta final foi suspendelo sen tan sequera mandarnos un mail ou sen facer unha chamada de teléfono para comunicárnolo.

Durante semanas, dende LOS AMANECE PRODUCCIONES están a loitar para poder ofrecer o noso show na nosa comarca nunhas condicións mínimas pero ante una serie de atropelos á dignidade dos músicos e traballadores non nos queda outra saída que facer este comunicado. Non podemos asumir certos condicionantes do concello que denigran a nosa profesión e a do noso equipo técnico, porque se asumimos iso estaremos contribuíndo á precariedade laboral d@s artistas.

Lamentable que sexa un concello quen pretende dar ese trato ás bandas. Lamentable que non contesten ó teléfono en semanas e lamentable o trato recibido. Somos músicos humildes, non mercadoría coa que especular.

Sentímolo polo noso público e loitaremos por poder tocar no noso Val Miñor o antes posible.

Saúde e ‪#‎Terra‬

Lugar: Festas de Gondomar - Gondomar
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.