Axenda

III Festival Aturuxos ao Son da Ría
From sexta feira 15 xullo 2016
To domingo 17 xullo 2016
Vistas : 258

Esta será unha fin de semana cargada de eventos no noso Concello. No día de onte tamén asistimos á presentación do III Festival de Música e Danza Tradicional "Aturuxos ao Son da Ría", que se levará a cabo venres, sábado e domingo nas diferentes prazas da Vila. Nel participan o Grupo Lembranzas da Ría, Grupo de Danzas Pais de San Roque, Grupo Soavela, Grupo Ximalveira e Grupo Peis d´hos.

O Venres 15 ás 21:30 horas, actuación do Grupo Lembranzas da Ría no Eirado do Señal e do Grupo Ximalveira nos Xardíns do Sinal (festa de cervexa). Ás 22:00 horas, segunda actuación do Grupo Lembranzas da Ría, tras un previo pasarrúas pola Rúa Méndez Núñez, cara os Xardíns do Sinal (festa da cervexa) e do Grupo Ximalveira, tras percorrer os Xardíns do Sinal e a Rúa Eugenio Sequeiros cara a Praza da Constitución para realizar a súa segunda actuación.

O sábado 16 de xullo, ás 21:30 horas, actuación do Grupo de Danzas Pais de San Roque nos Xardíns do Sinal (festa da cervexa), do Grupo Soavela no Eirado do Señal e do Grupo Peis d´hos na Praza da Constitución. Ás 22:00 horas, actuación do Grupo Pais de San Roque no Eirado do Señal, tras previo pasarrúas pola Rúa Méndez Núñez, segunda actuación do Grupo Soavela na Praza da Constitución tras o desfile percorrendo a Rúa Eugenio Sequeiros e segunda actuación do Grupo Peis d´hos nos Xardíns do Sinal (festa da cervexa), tras pasarrúas polos Xardíns do Sinal.

Por último o domingo 17 de xullo haberá actuacións na Explanada das Naves de Ojea ás 20:00 horas: Grupo Lembranzas da Ría, Grupo Ximalveira, Grupo de Danzas Pais de San Roque, Grupo soavela e Grupo Peis d´hos. Desfile a partires das 19:45 con saídas desde a Igrexa, Casa da Cultura, Alameda de J. Félix Soage, Estación de Autobuses e Avda. de Marín.

Lugar: Cangas
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.