Axenda

Susana Seivane
sexta feira 15 xullo 2016
Vistas : 62

Romaría Castrexo Romana que terá lugar en Cambre os días 15, 16 e 17 de xullo.
Cambre regresará ao século I A.C. durante a celebración da primeira edición da Romaría galaico romana Galaicoi, que impulsa a concellería de Cultura. Colectivos e asociacións do municipio participarán e involucraranse nas actividades programadas, vestíndose con roupaxes daquela época e actuando en consonancia. O evento inaugurarase o día 15, ás 18.30 horas, coa inauguración do campamento castrexo, que estará situado no alto do castro de Cambre. Haberá mercado (uns 80 postos de artesanía e comida), así como actividades circenses, pasacalles, desfiles pretorianos, teatro, talleres de oficios antigos, xogos tradicionais e ata un obradoiro de caligrafía. Como pratos fortes tamén destacan o concerto de Susana Seivane (día 15 ás 22 horas), os espectáculos de lumes que pecharán todas as xornadas e as representacións de teatro clásico no anfiteatro cos grupos da Fundación Wenceslao Fernández Flórez.

Lugar: Galaicoi - Cambre
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.