Axenda

Festa da Dorna 2016
From cuarta feira 20 xullo 2016
To domingo 24 xullo 2016
Vistas : 408

MÉRCORES 20 DE XULLO

A partir das 19:52h diante do profesional dorneiro Oparque de Atrás, actuarán:

Tomason, Bailadela e @s pandeireteiros de Rexoubeiriñ@s (de Xuño* jodechinchos: Juno) Orjanisa a comida Xoubiñas Parrandeiras.

21.38h CONSIERTASO de CRIS ROMÁN na Rúa Teruel, diante da clínica.

A cantautora máis cañera da sentenaria, rollo Tina Turner pero con seseo e gheada. Despois en canto á imaxen o que a diferensia de Tina e que en lujar de pernas de siclista e os pantalóns pejados coma os plásticos dos tranchetes, Cris ten pernas de topmodel e leva calsetíns con raquetas crusadas. Pero a vós a forsa e o carisma, talmente o da Turner.

23.02h SUPERNATURAL en CONSERTO na Rúa de Jalisia, no acseso da Rúa Sal polo Triskel. Vouvos a contar a anécdota de onde ven o nome ao jrupo. Disque é porque lles justan umundo os yojures naturales jrandes da kilo do super, eles chámanlles supernatura- les. A min contáronmo, non sei si será serto.

XOVES 21 DE XULLO

Día adicado a Mariló A Xanica, rejateira de pro, madriña no ano 1956 da botadura da dorna “A Patela”.

20:07h. SONAXE en CONSERTO, son rapases e rapasas de 8 a 15 anos versionando aos mellores do pop rock internasional. Na Porta do Jran Sol, Praza da Igrexa. Fano coma os jrupos de verdade, pero no camerino en lujar de droja, rulan jominolas, dulsijeles e petase- tas, e en lujar de cubalibres beben helados burman flash derretidos, pero do resto todo ijual ao orixinais.

22.52h Noite para escorrentalas bruxas, e non falamos da túa sojra, falamos das da berruja na narís e que fan caldo con jatos e mexo de vaca, haberá dansas tribais de bailar en sirolas, percusión e lume co grupo Perfussion and Friends, sine para os Salmonetes do Retrete e todo orapás que se queira unir, e a maxia do Majo Jano, o Deivi Coperfil Vijés. Para rematar cos druidas das Lampreas mais preas que se encarjarán de preparar a MACROQUEIMADA dorneira, cortesía de Licores Habelas Hainas, diosvolopaje (jodechinchos: agradecimiento cristiano).

* Nota da Orjanisasión: Non mescledes queimada con sumo de piña, non seades da Puebla.

Orjanisan: As Lampreas mais preas e patrosina Habelas Hainas, por iso o de escorrenta- las, ás meigas.

 

VENRES 22 DE XULLO

Día adicado ao Ribeirense campión do mundo do tuister, peñeiro dos Pateiros Palancrei- ros, leva 7 meses preparando a proba en Bogotá, que disque está moi alta e ten máis exijensia pola falta de oxígeno, nos creemos que é pola fariña.

14.06 h. OLLOMOL primo irmán do OLLO de Jranhermano, pero máis blandiño, en acús- tico, amenisa o tapeo na tapería A Recoveira.

00.59 h Rematará a exhibisión coa  ACTUASIÓN ESTELAR de The Fe Kaos*. (Jodechinchos: El nombre está en inglés para darle un toque más anglosajón, en román paladino significa: hacerse caca por si)

SÁBADO 23 DE XULLO  .

Día adicado a Comisión de Festas de Ajiño, por dedicarnos unha páxina no seu libro da Festa do Carmen, nos non íamos a ser menos. Non deixedes de pasar a quentar motores por ajiño e depaso botarlle un reso a Virxe do Carmen.

15.11 h. CONSIERTO de IGMIG (estilo postpunk, funk, electro, serialismo) diante do museo de Doña Adela. En realidade son tres coljados dos de embudo na cabesa e matasojras, que non hai por onde collelos. O fallo foi que os pais non os mandaran pa o Jran Sol, pa non acababan así. Contratámolos para ver si os levan a un sentro a arrejlar a cabesiña. En canto á estética, tocan con kimonos do chino e sempre cunha teta ao aire. Si che justan os cans verdes aquí tes tres. O nome collérono dunha marca alemana de soldadores de jas inerte, todo moi normal.

19.03h Actuasión de Pájaros Jazz e ó remate Dúo de Piano e Saxo Kronos na Feira Arte e Ajro.

22.01 h As peñas cantoras fan járjaras con ovos crudos no baksteich esperando o seu turno para faser saltar sonotones, audífonos e cornetas auditivas na JRAN FINAL DO SERTAMEN ITINERANTE DE CANSIÓN DE TASCA, ollo ao piollo no palco de Bandou- rrío.

23.36 h Na Rúa de Galicia con Rúa do Sal e General Espartero, este general e de alá do mil oitosentos e pico, que si levantara a cabesa, probablemente a volvería a ajachar, porque a ver a donde iba ir este a jerra con florete e mallitas de funambulista, catrosentos capachos de desibelios farán tremer os canutillos de plata e asabache das muñecas de Magdalena no Museo, porque empesa o CONSERTASO de SPIN TE KÚ* O nome do jrupo é un pouco infantil pero eles fano ben. (*jodechinchos: SPIN TE KÚ en vasco signifi- ca “Explota en tu culo”, es la versión abertxale de “rebota, rebota y en tu culo explota”)

01:31 h CONSIERTÓN de CHOTOKOEU na Praza de Pontevedra, Bandourrío.

Estes aínda que polo nome paresen da Puebla, por ese rollo de meter o “cho” antes do verbo: Cho digo eu, cho xuro, che encarto… como falan na Puebla, en realidade son xente normal, sin taras, jústalles traballar e todo.

 

DOMINGO 24 DE XULLO  .

Día adicado o festivo local, que valjamedios, ainda que cadre en dominco e se estree na próxima sinjladura, por fin o consejimos.

20:14 h. A marea dorneira inundará un ano máis as rúas da novena no TOP SECRET, de corrida polas rúas de Ribeira, o itinerario estará amenisado polas charanjas: Tréco- la, Os Kilomberos, A Charanja Mekánika e Charanja Trouserghas.

23:11 h. CONSIERTASO no Malecón.

Os xens artísticos e musicais de Ribeira do sijlo pasado e as promesas do sijlo no que andamos, non sei cal é, xa que soamente me jio por sinjladuras, deleitarán os oidos do público da JRAN ÓPERA DORNEIRA RELOADED, un consierto único que dará peche a jran LXVIII Sinjladura da Festa da Dorna con catrosentosmil capachos de lús e desibelios con máis dun sento de artistas locais, condusido por Xurxo Souto e si dios quer grabado e emitido en estimin* Striming, que sejún jujel significa “corriente conti- nua que fluye sin interrupción”, o contrario é a Fonte do Rueiro, que de contínua non ten nada

00098:8&%2 h. Arriada de pañoletas e comezamos a preparar a LXIX Sinjladura da Festa da Dorna……

07.12 h. Entonasión do Miudiño a capela polas rúas de Riveira in crescendo ata chejar á casa onde che espera tua nai ca sapatilla na man.

Lugar: Ribeira
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.