Axenda

Carlos Núñez
domingo 31 xullo 2016
Vistas : 107

Carlos Núñez anunciou por sorpresa un dos escenarios escollidos para dar uns dos seus concertos deste verán. A igrexa de San Martiño de Bueu acollerá ao músico o vindeiro 31 de xullo, a partir das nove e media da noite. As entradas poñeranse á venda este venres en Ataquilla e poderán reservarse ata un máximo de 350 a 12 euros.

A iniciativa do Concello de Bueu, apoiada por un dos músicos galegos máis internacionais, busca incentivar o futuro da música en directo a través da súa propia independencia abandonando progresivamente o modelo de concerto gratuíto pagado con diñeiro público para adaptarse ao tempo actual e acostumar ao público a pagar unha entrada que valorice a cultura.

Carlos Núñez actuará cos músicos cos que se atopa de xira por toda Europa: o seu irmán Xurxo Núñez nas percusións, Pancho Álvarez ás cordas e o violinista e bailarín Jon Pilatzke, titular de Chieftains

Lugar: Igrexa de San Martiño - Bueu
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.