Axenda

Ao Compaz Saumede Fest
From sexta feira 05 agosto 2016
To domingo 07 agosto 2016
Vistas : 179

O Festival Ao Compaz leva por sexto ano música a Saumede, de balde coma sempre, e este ano de forma especialmente rica e variada, con espazo para o máis puramente popular e o risco formal máis extremo. Dende os ritmos de verbena de O Sonoro Maxín ata a electrónica intensa de Pálida, haberá pop inmediato (Dois), improvisación de vangarda post-punk (IGMIG), experimentación vocal máxica (MounQup), sonidos cósmicos e psicodélicos (MontañaMuerte), soul/blues (Blues do País) e as cancións de Emilio José, que pasan por aínda máis xéneros. Ademais disto, cada noite acabará cunha pinchada de música para bailar e haberá máis actividades: unha exposición do artista Simon Fusté De Bona, mercadiño, xogos tradicionais, campeonato internacional de petanca... Podedes escoitar ás bandas nestes enlaces:

http://osonoromaxin.com/info/120329_a-onda-sonora/descargas/musica/a-onda-sonora-chega-do-interior/
https://foehnrecords.bandcamp.com/album/emilio-jos-agricultura-livre-cd1
https://doisdois.bandcamp.com/releases
https://igmig.bandcamp.com/releases
https://soundcloud.com/mounqup
https://montemuerte.bandcamp.com/
https://palida.bandcamp.com/
https://soundcloud.com/blues-do-pais

Saumede é unha aldea do século XVII que quedou abandonada no século XX pero leva seis anos sendo reocupada e dinamizada coas actividades culturais, artesanais e artísticas da Asociación El Pueblo. Está situada a 35 kilómetros de Ourense, nun espazo declarado Reserva da Biosfera pola UNESCO, e pódese chegar seguindo as seguintes instruccións:
https://asociacionelpueblosaumede.wordpress.com/como-chegar/

A entrada ao festival é libre e gratuita, igual que a acampada e o aparcamento. Hai duchas frías e baños secos, así como comida e bebida á venda a prezos populares para contribuír ao autofinanciamento do evento.



Os horarios concretos son os seguintes:
Venres 5 de agosto (A partir das 22:00)
MontañaMuerte
Emilio José
Dois
O Sonoro Maxín


Sábado 6 de agosto (A partir das 22:00)
MounQup
IGMIG
Pálida


Domingo 7 de agosto (A partir das 11:00)
Mercadiño de verán de produtos locais ecolóxicos e artesanía
Xogos tradicionais
Concurso internacional de petanca
Sesión vermú con Blues do País

Lugar: Saumede (A Bola)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.