Axenda

Os Pankchos + Camping Ghas
quinta feira 28 xullo 2016
Vistas : 63

Decidimos honrar ao noso apostoliño Santiago o XOVES 28 DE XULLO cun concerto na SALA MOON de Santiago de Compostela a iso das 22:00 h. Estaremos dando caña para amenizala velada Os Pankchos e Camping Ghas para rezarlle unos padrenuestros y unos avemarias a golpe de punk 100% made in Galiza por só 2 euriños de nada.

--- OS PANKCHOS ---
Punk, festa e tolemia son as palabras que mellor definen a Os Pankchos, unha banda formada en Compostela que pon toda a súa rabia, entrega e forza en cada directo que dan. Se estás disposto a facer pogos, beber licor café ata que saia o sol e escoitar bo punk galego esta é a túa banda.

--- CAMPING GHAS ---
Power trío de punk rock procedente da cidade de Santiago de Compostela. Contan cun son fresco e potente cheo de cancións nos que tamén hai un pequeno oco para algunhas baladas punk que farán as delicias dos espectadores.

Lugar: Sala Moon - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.