Axenda

III Festival Hércules Brass
From segunda feira 01 agosto 2016
To sexta feira 05 agosto 2016
Vistas : 150

Estamonos achegando ao III FESTIVAL HÉRCULES BRASS CELANOVA e queremos presentarvos aos grupos convidados.

Málaga Brass Quintet "Música no Claustro"
Mércores 3 de agosto, 20:45 horas
Claustro do Mosteiro de San Salvador
Entrada: 5€

É un quinteto de metais nado no ano 2007 no seo do Conservatorio Superior de Música de Málaga. Todos os membros participan activamente no panorama musical desta cidade.e a nivel nacional. Ademais do repertorio tradicional para quinteto, MBQ ofrece música diferente a partir de arranxos propios de obras que non están editadas para esta formación. Como quinteto actuaron en Murcia, Madrid, Barcelona, Málaga, Marbella (Málaga), Torremolinos (Málaga), Cidade Real, Atarfe (Granada), Mollina (Málaga), Oviedo, Alacante e outras cidades de España. Dende xaneiro de 2014 amplían os seus estudos na Brass Academy de Alicante baixo a tutela de Rudi Korp. Durante a súa traxectoria obtiveron os seguientes premios 1ro premio no VII Concurso de quintetos de vento metal “Valeriano Machí Esparza” de Benimodo, Valencia (2015), 2do premio no “III Concurso Nacional de Música de Cámara de la Vall dʼUixó” (2014) y 2do premio no certamen “Málaga Crea 2014”. Os seus integrantes son Antonio José Vera Escribano e Alejandro Gómez Peralta (Trompeta), Rubén Vera Escribano (Trompa), Enrique Torralvo Porrino (Trombón) e Juan Manuel Cornejo Martínez (Tuba).

Lugar: Celanova
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.