Axenda

Suso Vaamonde
sábado 06 agosto 2016
Vistas : 42

O vindeiro sábado día 6 de agosto, ás 22:00 h, na praza da Coelleira, en Gondomar, terá lugar a presentación do espectáculo "De tradición con Suso Vaamonde".

Trátase dunha simbiose entre a Banda Cultural de Música de Salceda de Caselas e Suso Vaamonde como solista invitado. O programa compóñeno temas populares e tradicionais galegos interpretados con banda de música e instrumentos populares galegos, interpretados por Suso. Estes van dende a gaita, zanfona, acordeón… pero tamén. asubío, tarrañolas, pandeiretas, birimbao, carrizo, castañeta…

O concerto será presentado polo mesmo Suso, e durante o mesmo, nun ton humorístico, iranse interpretando os temas (arranxados polo seu director Juan Lois Diéguez), e explicando a historia dos instrumentos máis descoñecidos, falando tamén da procedencia dos temas en sí (algúns son tamén de autor).

Non o perdades!!

Lugar: Praza da Coelleira - Gondomar
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.