Axenda

MJ Pérez
quinta feira 11 agosto 2016
Vistas : 86

- xoves 11 agosto - 21:00h - ARZÚA

A artista arzuá MJ Perez ofrecerá un dos concertos máis importantes da súa xira de 2016. Logo de presentar o seu último disco "Guerrilleira" por toda Galicia e despois da estrea do seu último formato "MJ Band", chega o esperado momento de actuar na súa vila: ARZÚA.

E non podía ser doutro xeito que acompañada por toda a banda, que está formada polo tamén arzuán Diego Fiuza (Guitarra), Alberto Rama (Batería) e Inés Mirás (Baixo e Violín).

Será, por tanto, un concerto moi especial e cheo de sorpresas... O xoves 11 temos unha cita ás 21:00h na Praza de Galiza (ARZÚA) - Entrada de Balde

VÉMONOS!

https://www.youtube.com/watch?v=2a2mCs5HMXQ

Lugar: Praza de Galiza - Arzúa
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.