Axenda

Pelepau
domingo 21 agosto 2016
Vistas : 60

Domingo, 21 de agsoto ás 21:00.

Pelepau nace na cidade olívica no ano 2010 e está formado por 12 percusionistas, todos eles mestres en escolas e agrupacións de música e danza tradicional galega e de recoñecida traxectoria no panorama musical galego.

A proposta que fai Pelepau baséase nas cantigas de taberna arranxadas para voces e percusións tradicionais cunha posta en escena dinámica e en constante interacción co público.

'Fío e agulla', o seu primeiro traballo discográfico, fai un percorrido pola música popular galega, mesturada e influenciada polos ritmos tradicionais das culturas que durante anos, e no mesmo presente, conviven coa colectividade emigrante galega, interpretadas cun chisco de humor.

O repertorio de 'Fío e agulla' caracterízase por trasladar ao ouvinte ás festas populares de Galicia (romerías, seráns, foliadas, etc), incitando ao movemento corporal pola presenza ben marcada da percusión.

Lugar: Aturuxo Bar - Bueu
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.