Axenda

Mini e Mero
terza feira 23 agosto 2016
Vistas : 28

MAÑÁ, MARTES 23 DE AGOSTO,, MINI E MERO NA LEMBRANZA DE SUSO VAAMONDE EN ‪#‎PONTECALDELAS‬, ÁS 20:30 H.

Con motivo da Semana Cultural do Concello de Turismo Ponte Caldelas,Mini e Mero acompañados polo irmán de Suso, Senen Vaamonde, estarán presentando na Casa da Cultura o libro-Cd "Soños na Gaiola" de Suso Vaamonde cantando a Manuel María.

Suso Vaamonde naceu en Regodobargo, Concello de Ponte Caldelas, polo que tamén renderán homenaxe. Ás 19:00 h. haberá unha xuntanza na Estrada ‪#‎Arcade‬-Pontecaldelas, no primeiro cruce que vai para Regodobargo, para logo ir ao Río Oitavén e facer unha ofrenda floral onde foron depositadas as cinzas de Suso.

Lugar: Casa da Cultura - Ponte Caldelas
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.