Axenda

A Gramola Gominola
sábado 29 outubro 2016
Vistas : 75



A Gramola Gominola - Concerto

  • DIRIXIDO A:

    Público familiar (recomendado + 4 anos)

  • CANDO:

    29/10/2016

  • HORARIO:

    17.00 e ás 19.00 h

    Prégase puntualidade, unha vez comezado o espectáculo non se permite o acceso á sala.


  • ONDE:

    Auditorio do Fórum MetropolitanoRúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

  • PREZO:

    6'00 € (abono 3 familiar, 15'00 € (inclúe como mínimo un adulto e un menor))

    (Menores de 3 anos, 2'00 €)

    Teletaquilla:

    Ticketea

Música para nen@s de 0 a 99 anos.

Música e humor! Esta é a proposta da Gramola Gominola, un novo grupo de música infantilcomposto por músicos de bandas como Mamá CabraDe VacasFesticultores Troupe ouDi Elas. Nos seus espectáculos fan unha didáctica viaxe pola historia da música onde o público poderá coñecer diferentes estilos que van dende o blues ao reggae, pasando polo pop, country, rock ou ska. Cunha posta en escena chea de enerxía, cor e momentos cómicos que gustará por igual a cativos e a maiores. 

Este repaso pola evolución da música moderna serve de fío condutor para falar de valores tan esenciais como a amizade, a natureza e os seus recursos, a familia... todos estes contidos nas súas letras.

O seu primeiro traballo homónimo, un libro-cd editado pola Editorial Galaxia en marzo de 2015, conta coa participación de grandes e recoñecidos artistas da escena galega como Mini e Mero,Luís TosarGende BeatPablo Dalama ou Alberto Cereijo.

VENDA DE ENTRADAS

DESPACHO CENTRAL DE BILLETES DA PRAZA DE OURENSE : de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h.

DESPACHO DE BILLETES DO FÓRUM: Aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

TELEVENDA: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h )

Lugar: Fórum Metropolitano - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.