Axenda

Orquestra Os Modernos + The Tetas´Van
sexta feira 02 Setembro 2016
Vistas : 25
  • Día – Venres 2 setembro
  • Hora – 20:00
  • Lugar – Campo de Marte
  • De que vai?

Premio Martín Códax 2016 na categoría de música de verbena

A claridade das lámpadas de cores, o cheiro a pólvora, o arrecendo das friameiras, até a xeometría dos cadros dos manteis se levantan e brindan pola oportunidade dada ao “frote” e ao “arrechuche” contaxiada polos ritmos máis modernos da Orquestra “Os Modernos”.

Como consecuencia da súa constante ansia por se renovar e a experiencia a través de tantas xiras por Europa e América do Sur e do Norte, a Orquestra “Os Modernos” ofrécelles un repertorio renovado de bailes como manda a última moda: foxtrot, baião, chotis, habanera ou tango americano, corrido, rumba, mazurca e incluso un avant-garde twist, sen esquecer tampouco eses ritmos máis arcaicos e propios do noso folclore como a muiñeira ou a xota.

Os bailadores e bailadoras confidentes, séntense protagonistas arroupados ao tempo que illados, ao estar a música exclusivamente ao servizo do seu baile.

Ninguén fica sentado cando toca a Orquestra “Os Modernos”!

Os Modernos son:

Xosé Tuñas: Batería

Joám Casas: Clarinete

Alonso Caxade: Trombón

Iria Pinheiro: Cantante “Rosalie de Choix”

Martín Nogueira: Trompeta

Paco Nogueiras: Acordeón

Alberte Rodríguez: Contrabaixo

  • Día – Venres 2 setembro
  • Hora – 22:00
  • Lugar – Campo de Marte
  • De que vai?

Chegou a revolución en feminino!!! The Tetas´ Van somos un grupo de chicas na súa maioría (ainda que contamos con marabillosos músicos chicos nos nosos cabaréts) que pretende revolucionar as salas de concertos coas súas músicas.

Ainda que somos especialistas en versións o noso obxectivo é o de divertir transmitindo, reivindicando e loitando contra as inxustizas que nos tocan a todas, a través da nosa língua galega. Pretendemos ser tamén a voz de todas aquelas que desexen que cantemos os seus poemas, textos ou melodías e por iso contamos ca colaboración de poetisas que nos regalan as súas verbas encantadas.

The Tetas´ Van somos artistas e malabaristas xa que combinamos a nosa vida de profes, estudiantes, nais, irmás, tías e amigas ca de músicas que buscan a diversión e a felicidade a través das notas.


Lugar: Campo de Marte - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.