Axenda

Festa 5º Aniversario Bloquinho de Xermolos
sábado 17 Setembro 2016
Vistas : 67

O Bloquinho de Xermolos cumpre 5 anos de vida e por iso queremos convidarvos a celebralo con nós. O sábado 17 de setembro faremos a festa de aniversario con varias sorpresiñas no noso pobo, Guitiriz. Temos que darlle as gracias, sobre todo, a tódolos grupos amigos que virán a festexalo con nós como Trópico de Grelos ou Retumbatuke Percusión... Vémonos en nada xente e andade atentos porque moi pronto compartiremos a programación, saúdos batukeiros ;)

Lugar: Guitiriz
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.