Axenda

Folión das Fachas
sexta feira 23 Setembro 2016
Vistas : 137

Unha tradicción Castrexa con moitos anos de antiguidade e un grande interese cultural por ser un dos poucos sitios de Galicia onde se conserva, o folión “de véspera” como tal, para anunciar que van a escomezalas festas parroquiais, con un ritual de lume e música que durará ata ben entrada a madrugada!!.

Durante os meses de vran haberá que recoller agucios, que son unhas plantiñas que nacen na primaveira pero non se poderán coller ata que estén ben secos, e eso será aló polo mes de Agosto. Logo de varios días á captura destes … habera que facelas fachas que serán as encargadas de amenizala festa, faránse o máis grandes posible posto que elas decidirán cando remata a troula pois …. namentres haxa lume haberá festa!!!! (polo menos cando non había ainda luz electrica….).

Tamén se farán fachas máis pequenas que serán as encargadas de iluminalo camiño na procesión á “cima” do Castro da Besta, dende o cal se avisa a toda-las parroquias cercanas de que imos estar de festa pois seica se ve dende, polo menos, 7 parroquias ó redor. Segundo contan os nosos antigos a procesión das fachas facíase, nalgunha época, como ofrenda ós deuses para agracederlles as boas colleitas. Quedades todos convidados a visitar este folión, que ben seguro, vos fara vivir momentos inesquencibles e máxicos …

Lugar: Vilelos (O Saviñao)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.