Axenda

VII Lúas de Outono
terza feira 20 Setembro 2016
Vistas : 138

Ide anotando nas vosas axendas a data do 20 de setembro:

O Teatro Rosalía da Coruña acollerá unha nova edición de LÚAS DE OUTONO, o acto de homenaxe a Manuel María que a cidade que el escolleu para vivir os últimos anos da súa vida -sempre xunto a Saleta -acolle cada ano arredor da data do seu cabodano.

Este ano tan especial para Manuel María tiña que facer que LÚAS DE OUTONO tivese un aquel especial: o poeta ben merece que se volvan xuntarOs Diplomáticos de Monte Alto nun escenario tan carnocho como o do Rosalía. E ben merece, como non, a fermosura máis que asegurada do grupo de cámara que completará a velada, coa música de Xosé Carlos Seráns.

Lugar: Teatro Rosalía de Castro - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.