Axenda

Rock is Dead Fest 2016-CANCELADO
sábado 24 Setembro 2016
Vistas : 106

Lamentamos ter a mala nova da cancelación do festival Rock Is Dead o próximo 24 de Setembro.

Os pronósticos de choiva foron en crecemento ó longo dos días desta semana ata o día de hoxe, que o pronóstico é totalmente desfavorable dende primeira hora da tarde. Estabamos dispostos a asumir os riscos da choiva dende a noite, pero non dende tan cedo.

Aínda coa instalación de carpa, ó risco económico é inasumible por parte da asociación cultural MadGhost, promotora deste festival.

Agradecer de maneira moi especial o apoio mostrado por artistas e voluntarios, algo que nos da forza para seguir mantendo o espíritu e pensar no ano que ven.

Pedimos a vosa axuda á hora de difundir esta mensaxe nas redes para avisar ó público e esperar que a cancelación vos dea máis gañas de vires a nosa festa no 2017!

Finalmente recoñecer o evidente, os Stark tiñan razón e "The Winter Is Comming"

Longa vida ó Rock & Roll.


Lugar: Parque de Belvís - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.