Axenda

Mini e Mero
domingo 18 Setembro 2016
Vistas : 113

DOMINGO 18, HOMENAXE A XULIO XIZ EN #VILALBA ÁS 12:00 H.

A Irmandade Manuel María xunto ao Concello de Vilalba, capital da #TerraChá, e AC. Xermolos colaboran na homenaxe que os Amigos e veciños da rúa Porta Decima de Vilalba organizan ao xornalista e escritor vilalbés Xulio Xiz.

12:00 h. Homenaxe na Casa da Cultura do Concello de Vilalba

13:00 h. Inauguración da peza escultórica no undécimo hectómetro literario do Paseo dos Soños da Madalena, elaborada por Xosé Val Díaz, será tras unha táboa redonda que se celebrará no Muíño do Rañego e que contará con numerosos persoeiros da cultura vilalbesa; como o presidente da Real Academia Española Darío Villanueva; Alfonso Blanco Torrado, Jesús Mato Mato ou Xosé Manuel Carballo. 

Mini e Mero porán a música, durante a táboa redonda e tamén no xantar popular, nesta homenaxe ao seu amigo e compañeiro (Xulio Xiz, Alfonso Blanco e Mini e Mero, son compoñentes da Irmandade Manuel María).

Lugar: Vilalba
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.