Axenda

1º Serán Grupo A Xunqueira
sábado 08 outubro 2016
Vistas : 78

E por fin... Desvelamos o que levamos tantos meses argallando... A Xunqueira celebrará por primeira vez un Serán!! 

➡O 8 de outubro terá lugar o 1º Serán Grupo A Nosa Señora da Xunqueira, a partires das 21:30 no noso obradoiro cultural (xusto detrás da igrexa) 

Pero non vai ser un serán calquera.. Vai conmemorar ó ano Castelao, polo que de seguro non ides olvidar o vivido a noite do sábado 8 de outubro. Será unha velada preciosa, cheíña de sorpresas e con moitos detalles moi especiais. Todo pensado e estudiado ata o máis mínimo detalle, para que non falte de nadiña. 

⚠O principal, convidarvos a todos aqueles que queirades participar como grupo. Podedes facer a inscripción previa no email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ó teléfono 634673008. Por suposto tamén podedes "chegar e encher", pero ós que saibades con antelación a vosa asistencia, agradecemos nolo comuniquedes para ter todo máis organizadiño. 
E os que non sexades de grupos, estades convidadísimos igualmente!! Vámolo pasar en grande, boa música, boa xente, ledicia por todas partes... Que máis se pode pedir? ☺

Haberá comida e bebidas a esgalla, sorteos, photocall... De todo de todo de todo!!! 

Non vos imaxinades a ilusión que vai depositada neste serán, xa que somos un grupo moi modesto e as dificultades sempre están presentes. Pero unidos, con ganas e con esforzo acadamos o que levamos tantísimo tempo desexando. 

E sin máis, agradecervos o voso tempo, esperamos vervos a todos por alí de festa rachada, non vos arrepentiredes.

✅Agradecemos MÁXIMA DIFUSIÓN, COMPARTIDE!!!!! 
⚠Información e inscripcións: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.



Lugar: A Xunqueira - Vilagarcía de Arousa
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.