Axenda

IV Xornadas Arredor da Música Tradicional
sábado 24 Setembro 2016
Vistas : 9

 

Esta cita está destinada, non só a todas aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senon tamén a todo aquel que queira saber máis tanto das nosas tradicións, como das de outros lugares , xa que ao igual que nas pasadas edicións, amosaranse outras formas da cultura tradicional, favorecendo deste xeito a que sexa un punto de encontro para profundizar e incidir na importancia que teñen os traballos de investigación realizados neste campo para poder coñecer, afondar e transmitir as tradicións.

Pretendemos a través desta actividade fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, tanto para a xente implicada na música tradicional, como para o resto da poboación, xa que se amosa a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se pode participar de xeito activo nas diversas ponencias, contribuindo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.

Agardámoste o vindeiro día 24 na Casa da Gaita: Lugar de Quintán, 3 (Viascón - Cotobade).

A entrada é de balde, pero por motivos de espazo e preciso que reserves a túa praza.

PROGRAMA:

10.15 – Apertura e entrega de documentación
10.30 – Relatorio I “O repertorio acompañado de pandeiro cadrado na Galiza”. Julia Feijóo
11.20 – Quenda de preguntas
11.30 – Relatorio II “¿Por que os Gaiteiros empeñámonos en tocar desafinados? Novas entoacións para arranxar problemas vellos”. Carlos Real
12.20 – Quenda de preguntas
12.30 – Descanso
13.00 – Relatorio III “Reconstrución da gaita de fol da Cantiga 350”. Pablo Carpintero
13.50 – Quenda de preguntas

14.00 – Xantar

16.30 – Presentacións de publicacións
16.30 – “Acordeón diatónico tradicional e folk galego”. Alejandro Balbuena
16.50 – “Método de acordeón diatónico”. Pedro Blanco
17.10 – “Antón Corral, alborada dun soño”. Pablo Quintana (Ed. Canela). Coa participación da autora Fina Fernández e o protagonista Antón Corral.
17.55 – Presentación - Concerto “Tamborileros Leoneses. El Bierzo". Luis Mondelo
18.35 – Descanso
18.45 – Relatorio IV - Concerto “La colla de xeremiers. Origen i evolución”. Càndid Trujillo & Pep Toni Rubio
20.15 – Peche

Lugar: Casa da Gaita - Viascón (Cotobade)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.