Axenda

San Froilán 2016
From terza feira 04 outubro 2016
To cuarta feira 12 outubro 2016
Vistas : 671


4 de outubro de 2016
17.00 h. XI Sanfroidance na praza da Soidade.
19.00 h. Pasarrúas de Raíces do Campo por Augas Férreas..
20.30 h. Pasarrúas de Reviravolta pola Milagrosa.
20.30 h. Pasarrúas da charanga Paradela pola praza Maior, zona dos viños e casco histórico.
21.30 h. Concerto de Roi Casal “Son galego, Son cubano” na praza Horta do Seminario.


21.30 h. Sesión disco coa Duendeneta na praza do Campo Castelo.
22.30 h. Concerto de The Ladies na praza de Santa María.
23.00 h. Verbena coa orquestra Breixa Band na praza de Bretaña.
00.00 h. Actuación de DJ Vallejo & DJ Fernando Mesa e DJ Frisco & Marcos Peón na praza de Santa María.

5 de outubro de 2016
12.45 h. Concerto de Lucus Ensemble e a Banda Filharmónica de Lugo na praza de Santa María.
13.00 h. Pasarrúas dos Trastiños de Castelo por Recatelo.
13.00 h. Sesión vermú de Rockatansky Brothers e Lastway na praza do Campo Castelo.
13.00 h. Pasarrúas de Devandoira de polo recinto histórico.
19.00 h. Pasarrúas de Son de Lugh por Albeiros.
19.30 h. Actuación de Devandoira Infantil, con cabezudos, na praza Maior.
20.30 h. Concerto de Fuel Fandango na praza Horta do Seminario. Teloneiro Sigilu (ás 19.00 h.)
20.30 h. Actuación da charanga Amigos de Manolo pola zona dos viños, praza da Soidade e Raíña e distintas zonas do centro.
21.00 h. Pasarrúas da charanga Jalácticos polo barrio de Recatelo e paseo Vila de Foz.
21.30 h. Concerto de Grupos de Rock/Folk-Pop/Pop, na praza de Santa María. Caxade, Familia Caamagno, Arrhythmia e Conducto Coloquio.
22.00 h. Verbena coa orquestra La Fórmula na praza de Bretaña.
23.30 h. Sesión disco coa Duendeneta na praza da Soidade.

6 de outubro de 2016
19.00 h. Pasarrúas de Nubeiro Lugo pola Piringalla, Garabolos e praza Viana do Castelo.
20.00 h. Orquestra Principal na praza da Milagrosa.
21.00 h. Actuación da charanga Maloserá pola zona dos viños.
21.00 h. Concerto de A Quenlla na praza de Santa María. Homenaxe a Manuel María.


21.30 h. Actuación dos DJS Seven Airwaves Lugo Baila!, na praza do Campo Castelo.
22.30 h. Foliada do Colectivo A.L.A.S. na praza da Soidade.
23.00 h. Concerto de Gin Toni’s na praza de Santa María.

7 de outubro de 2016
12.00 h. Sesión vermú dos DJS Seven Airwaves Lugo Baila!, na rúa Bispo Aguirre.
17.00 – 20.00 h. Exhibición de fiandeiras, cantareiras e gaiteiros, a cargo da asociación cultural Bolboreta Fiandeira na praza Maior.
18.30 h. Concerto Fábrica de Sons, escola de música na praza de San Marcos.
20.00 h. Actuación de charanga Arde Yukú polo Barrio da Ponte.

21.00 h. Concerto de Loquillo na praza Horta do Seminario. Teloneiro La Penúltima (ás 20.00 h.)
21.30 h. Concerto dos Foolmakers na praza de San Marcos.
22.00 h. Actuación da charanga Madialeva pola praza Maior, Campo Castelo e zona dos viños.
22.30 h. Concerto da Orquestra de Jazz de Galicia + Kepa Junquera na praza de Santa María.
22.30 h. Pasarrúas dos Festicultores pola zona dos viños.
23.00 h. Concerto de The Wireless “Tributo a Bob Marley” na praza San Marcos.
00.00 h. Verbena coa orquestra Limón na praza Maior.

8 de outubro de 2016
18.30 h. Pasarrúas bloco de percusión Percusiona polo recinto histórico.
19.00 h. Pasarrúas de Treboada pola zona da Fonte dos Ranchos.
21.00 h. Actuación charanga A Excusa na zona do Campo Castelo, praza Maior e zona dos viños.
21.00 h. Concerto de Abraham Mateo na praza Horta do Seminario.
22.00 h. Concerto de Pepe Vaamonde Grupo, presentando “Nas pedras do lar” na praza de Santa María.
23.00 h. Pasarrúas dos Festicultores pola zona dos viños.
23.30 h. Concerto de David Prado na praza de Santa María.
00.30 h. Verbena coa orquestra Anaconda na praza Maior.

9 de outubro de 2016
11.30 h. XVIII Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, coa Asociación de Gaiteiros Galegos, polo recinto histórico

  • A Requinta de Xián (Boqueixón, A Coruña)
  • A Volta do Agro (Lugo)
  • Berros do Castro (San Sadurniño, A Coruña)
  • Caivanca (Lugo)
  • De pé feito (Ourense)
  • Fiandola (Moaña, Pontevedra)
  • Folquiada (Lugo)
  • Illa Pancha (Ribadeo, Lugo)
  • Lubicáns (Ourense)
  • Reviravolta (Lugo)
  • Souto Xímaro (Vilanova de Lourenzá, Lugo)
  • TradiSón (Gondomar, Pontevedra)
  • Xaora (Lugo)

12.00 h. XIV Festival de Cultura Tradicional, organizado pola Asociación Cultural Cantigas e Frores, na praza de Santa María. Participarán os seguintes grupos: Asociación Cultural “Cantigas e Frores” de Lugo, Salleko Dantza Eta Txistu Taldea de Sestao e Ronda Típica da Meadela de Viana do Castelo.
12.30 h. Actuación da charanga Vacapinta pola zona da Avda. Rodríguez Mourelo e recinto feiral.
12.30 h. Pasarrúas de Arrincadeira pola zona de Montirón e Fontiñas.
13.00 h. Sesión vermú de Clave de Luna, Junkhead e Mythical Fail na praza da Soidade.
13.00 h. Sesión vermú de Carta de Ajuste na praza do Campo Castelo.
17.30 h. XVIII Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, coa Asociación de Gaiteiros Galegos, polo recinto histórico.
20.00 h. Pasarrúas de Airiños de Orzabai pola Rúa Nova, praza da Soidade e zona dos viños.
20.00 h. Concerto da Banda Municipal de Lugo con María do Ceo na praza de Santa María.
21.30 h. Concerto de Bebe na praza Horta do Seminario.
23.00 h. Concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre na praza de Santa María.
23.00 h. Verbena coa orquestra Olympus na praza de Bretaña.

10 de outubro de 2016
12.00 h. Sesión vermú dos DJS Seven Airwaves Lugo Baila!, na rúa San Marcos.
18.00 h. Verbena coa orquestra Acordes na praza Maior.
19.00 h. Pasarrúas dos Campeiros de San Xoán pola zona do Castiñeiro.
20.00 h. Pasarrúas da charanga 20.00 h. Concerto “Vivindo o flamenco” Noelia la Negri & Compañía de flamenco, na praza de San Marcos.
21.00 h. Concerto de Mambo Jambo na praza de Santa María.
22.00 h. Pasarrúas do gaiteiro Simón Piñón pola zona dos viños e praza da Soidade.

11 de outubro de 2016
12.00 h. Sesión vermú dos DJS Seven Airwaves Lugo Baila!, na praza da Soidade.
12.30 h. Concerto da Banda Municipal de Lugo no quiosco da praza Maior.
13.00 h. Sesión vermú con Adrián Vigo na praza de San Marcos.
18.00-21.00 h. O Baúl do Mago na praza Pío XII.
19.00 h. Pasarrúas de Son de Lugh pola zona do Sagrado Corazón.
19.00 h. Actuación da charanga Maloserá pola zona dos viños.
21.30 h. Concerto de Carlos Núñez na praza Horta do Seminario.
22.30 h. Actuación dos DJS Seven Airwaves Lugo Baila!, na praza da Soidade.
23.00 h. Concerto de Ana Moura na praza de Santa María.
00.00 h. Verbena coa orquestra Costa Dorada na praza Maior.

12 de outubro de 2016
12.00 h. Pasarrúas de Airiños da Freba pola praza dos Mártires de Carral.
13.00 h. Sesión vermú da orquestra Suavecito na praza Maior.
13.00 h. Sesión vermú de Fuzzbombs e Kalte Sonne na praza da Soidade.
18.30 h. Pasarrúas dos Valuros pola praza Maior.
19.00 h. Concerto da Banda Devandoira na praza Horta do Seminario.
20.00 h. Concerto de Brath 1980 – 2016 na praza Horta do Seminario. Estarán acompañados de: Banda de Gaitas Devandoira, Grupo de Corda Lucus, Grupo vocal Codex Box, e o guitarrista do grupo de rock “Imán”, Manuel Rodríguez (ex La Decada Prodigiosa).
21.30 h. Verbena coa orquestra Suavecito na praza Maior.

Programa San Froilán Miudo 2016

Martes 04 de outubro de 2016
Día do canto e da escoita
17.00-19.00 h. Karaoke infantil coa Duendeneta Este karaoke contará cunha pantalla xigante, un precioso micrófono estilo retro e un pequeno escenario no que as nenas e nenos poderán elixir entre un amplísimo arquivo de cancións.
19.00 h. Concerto didáctico “Aprendendo a escoitar” Este espectáculo concíbese como un traxecto musical para ir tomando conciencia da estrutura dunha obra na que cinco músicos interpretarán varias pezas de música clásica, guiados por un narrador.

Mércores 05 de outubro de 2016
Día da música e dos pallasos
11.00-13.00 h. Obradoiro de instrumentos musicais Crearanse pequenos instrumentos musicais con materiais de refugallo: maracas, pao de choiva, pandeireta, castañolas, mini tambores… reutilizando obxectos cotiáns.
13.00 h. Actuación “Unha viaxe polo mundo” de As Maimiñas Neste espectáculo cóntase a viaxe de Mai e Miña por distintos países. As cancións e danzas mestúranse coa roupa e complementos que caracterizan a cada un deles.
17.00-19.00 h. Karaoke infantil coa Duendeneta
Xoves 06 de outubro de 2016
Día da natureza e da maxia
17.00-20.00 h. “A Música das Árbores” co Bardo Abelardo e o Carballo con Botas
Inicio: recinto histórico
Chegada: patio do Seminario.
Ábrense as portas da Muralla de Lugo á música dos teixos, das sobreiras, dos freixos… O músico Servando Barreiro, o “Bardo Abelardo” e o contacontos Anxo Moure, o “Carballo con Botas” percorren as rúas e prazas cantando e contando contos acompañados dun burro de madeira de bidueiro.
Domingo 09 de outubro de 2016
Día da música e o baile tradicional
13.00 h. Actuación de Uxía Lambona e a banda molona. Esta banda de música infantil recolle os clásicos populares galegos dándolles o seu toque particular, dende a Carolina “rapeada” ata o Jato “rockeiro”… Tamén cantarán moitos temas tradicionais, todos eles moi dinámicos, facendo que todas as nenas e nenos presentes sexan partícipes deste “des-concerto” cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa!!!
17.00-19.00 h. Taller de baile tradicional “Xogando a bailar”
19.00 h. “Verbena galega“ de Xabier Iglesias, escola de bailes tradicionais de Espazo Artístico 10 e Airiños da Freba. Nas dúas primeiras horas realizarase un obradoiro de baile tradicional galego dirixido ao público familiar onde se aprenderán pasos base para poder participar nunha verbena galega: pasodobres, rumbas, mazurcas, valses e, por suposto, muiñeiras e xotas serán os ritmos que acompañen estes pasos.

Mércores 12 de outubro de 2016
Día do jazz e da primeira infancia
11.00-13.00 h. Obradoiro de percusión con refugallo de Gallaecia Eventos
13.00 h. Concerto didáctico de jazz “Gallaecia Gallaeciños” É un proxecto músico-teatral e educativo no que se pretende ensinar en sesenta minutos, dun xeito divertido e entretido, a historia do jazz, narrando cómo naceu cada un dos seus estilos: gospel, blues, ragtime, dixieland, swing, bebop, cool jazz, funky, soul…
19.00 h. “O son que me arrola” Para nenas/os (-5 anos) da Asoc. Socioeducativa Antonio Gandoy. Nesta proposta ofrécese a posibilidade dun espazo lúdico onde a familia pode experimentar e manipular os diferentes instrumentos de percusión: pandeiros, pandeiretas, bombos, tarrañolas… e outros construídos a partir de materiais de refugallo.

Lugar: Lugo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.