Axenda

IGMIG
sábado 08 outubro 2016
Vistas : 39

Grupo formado por Suso Feixón, Nacho Muñoz e Mig Seoane. Realizan un espectáculo con influenzas postpunk, funk, electro, serialismo, e sobre todo; improvisación.

Suso Feixón (A Roda, Welikings, Os Podridos...) na batería,
Nacho Muñoz (Mercedes Peón, Budiño, O.M.E.G.A...) e
Mig Seoane (Budiño, Blackingstones, mr Caracter, O.M.E.G.A...).

O grupo comenzou no ano 2001 sendo un dúo formado por Nacho e Miguel de música puramente experimental, con enormes doses de performance e a utilización das últimas tecnoloxías en sonido, de feito crearon varios instrumentos musicais e algún de videoperformance (PERROGATO V1.0 presentado no festival SONAR2006).

No ano 2013 achégase Suso á formación e creamos un repertorio paradirecto totalmente ecléctico e libre de tabúes musicais, comezamos a facer directos e ante a boa consonancia co público decidimos grabar o noso primeiro disco, Shaishakarraskaishe.

O novo disco está grabado en estudio pero tocando simultaneamente para intentar acadar o resultado enerxético do directo, a posteriori grabaron os invitados: Alfonso Merino (violín), Rubén Petete (Trompa), Maria Lado (voces e algúns textos), Antia Sanchez(arte) e algunha sorpresa mais que revelaremos coa edición. Mantémonos no eclecticismo, no disco poderanse escoitar música progresiva, Jota tradicional, bolero, metal... pero con unha tímbrica moi electrónica.

Lugar: Sala Dublín - Carballo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.