Axenda

Ivy Moon
quinta feira 27 outubro 2016
Vistas : 101

XOVES 27 OUTUBRO - 20:00 - RIQUELA CLUB - DE BALDE

Ivy Moon estreará o seu segundo videoclip oficial: “Hallucinogenic”, un dos temas do seu último EP “Prelude”.

A banda de Santiago de Compostela prepara agora este evento especial antes de viaxar a Croacia o vindeiro mes de decembro para representar a España no Imagine Festival.

Proxectaremos a peza, contaremos algunha que outra curiosidade e Ivy Moon ofrecerá un pequeno concerto en acústico.

O videoclip é unha peza feita a medida para o propio tema: “Hallucinogenic”, unha auténtica loucura que non deixará indiferente a ninguén. Unha creación de Antón Varela (director tamén da webserie "Orfanato Atroz" , premiada no Festival Carballo Interplay) cunha técnica deseñada polo propio autor que se basa en crear novas imaxes a partir de recursos de todo tipo, combinando fotos, vídeos, animación 2D, 3D, etc. Unha produción de O Valse para Ivy Moon.

Hai cousas que non se poden perder… esta é unha delas! Vámonos para compartir un serán de rock alternativo! 

#SaboreaIvyMoon

(A estrea ONLINE será o domingo 30 pola noite)


TODO ISTO NON SERÍA POSIBLE SEN O APOIO DOS SEGUINTES PATROCINADORES: 
Estudio 54 Guitarras, Pedras de Santiago, ELSAVADEBODA, Arquitectura Técnica Mirás, Libraría CouceiroToma Pan Y MojaCafetería RhinBar EmboraCafe bar el 10AtlantaALiga Cervecería, Old Skull Tattoo,MataderoCreperias Cre-CotteCafé CamaleaUnitariaVIDE, VIDE,Quero TéBocalamar, Snakies, Fundacion Bowling MelideRiquela

MOITAS GRAZAS :)

www.ivymoonmusic.com

Escóitanos en:
-Spotify: https://play.spotify.com/artist/0Rvv4ipFosLOrsILHXTKJc
-Youtube: https://www.youtube.com/channel/UC_8WFYElPIZYTSrReqv-

Siguenos en:
Facebook: https://www.facebook.com/ivymoonband
Instagram: https://www.instagram.com/ivymoonmusic
Twitter: twitter.com/ivymoonmusic

Lugar: Riquela Club - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.