Axenda

XIV Festival Taiña
sábado 25 febreiro 2017
Vistas : 129

Dende Granada SONIDO VEGETAL
25 de Febreiro en Goiàn
O septeto granadino arranca unha nova etapa na que reinventa seu son e vai máis alà da etiqueta “Gypsy Punk” coa que se deron a coñecer co seu segundo álbum “Las Bases del Razonamiento”. Para o terceiro álbum da súa carreira, Sonido Vegetal contou coa producción de toda unha lenda, Martin Glover.
Dende o Sur de Andalucía como punto de partida, este “Carromato Punk” transpórtanos por un mundo pseudo-surrealista cheo de vida e locura, vacílanos con rimas e poesía, lévanos por chairas núas como súa filosofía, e encandílanos con rítmos que galopan salvaxemente. “Carromato Punk” envólvenos e fainos voar, con sonoridades festivas e coros hipnóticos que queren bicar o ceo. Un tema cheo de actitude punk, de texturas electrónicas, espiritú xitano, aroma fronteirizo e flow Mediterráneo.
Marcando os cuatro puntos cardinais, os ziriés mestizos déixannos con esta brúxula sonora que reventa no corazón e pérdenos no universo de Sonido Vegetal.


A COMPAÑIA DO RUIDO é unha banda galega que nace no ano 2002. Con máis dunha década de historia ás súas costas, conta con seis discos no seu haber. Actualmente está traballando na consecución do proxecto musical “O Punchi must go on”.

“A Compañía” está integrada por cinco persoas con diferentes traxectorias musicais que dan vida a unha orixinal mestura de estilos. Música, baile, retranca, divertimento e ritmo son os eixes principais do espectáculo.

Destaca a súa musicalidade á hora de combinar a música, o baile, e a instrumentación tradicional galega cos distintos folklores do mundo. Unha recolleita de elementos de cada cultura, que nos transportará a unha viaxe musical irrepetible, partindo dende Galicia con paradas en Irlanda, África, a Península Balcánica, e o Centro e Sur de América, entre outros. 

A selección da instrumentación proporciónalle unha cor e un son únicos que farán voar distintas melodías e ritmos, sempre co punchi punchi como máxima expresión.


Falsa Monea
Eles tomàronse uns descanso fai un par de anos,pero non podían faltar nesta edición ao festival.
Eles xa estiveron no Meryl's Fest no 2013(festival de veràn).
Dende o Taiña desexamos que retomen a andaina con forza e que polo menos estean 10 aniños màis.
Graciñas rapaces!
Tendo o funk como avioneta, os madrileños falsa monea, planean entre a rumba, o flamenco, o metal ou ritmos xamaicanos. A esta viaxe polo eclecticismo, etiquetàronos como rumba-chandal funk...

Lugar: Praza de Goián - Goián (Tomiño)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.