Axenda

Secho y los Invisibles + Chamaquito Pistolas
sábado 17 decembro 2016
Vistas : 84

Esta finde, sábado 17 ás 20:30 h, temos a visita dos Secho Y Los Invisibles.
Estarán acompañados por Chamaquito Pistolas en formato acustico:

Secho Y Los Invisibles é unha conxunción de rock, de pop, de blues, pero sobre todo de moito sentimento. Son verbas, amor, desencontro, desconcerto, elegancia.
O proxecto comeza a súa andaina no ano 2009 da man de Sergio Castiñeiras, principal artífice da banda. Na busca da continua mellora, despois de máis de sete anos de actividade en concertos por todo o país e de pasar por diferentes formatos, Secho Y Los Invisibles estabilízase na formación onde sempre se sentiu máis cómodo: o cuarteto.
Tras varias maquetas e aparicións en distintos discos recopilatorios e de homenaxes a outros artistas, a banda acada a súa madurez e decide gravar o seu primeiro disco. Despois dun intenso traballo nace “Xa fai un tempo” (2016), unha mestura de modernidade e tradición, de rock e folk, de asfalto e terra, co que pretenden chegar á esencia das cousas e acadar un intre de complicidade coa xente .
En 2016 Secho Y Los Invisibles pasa a formar parte do selo discográfico Discos da Máquina (ddm), xunto con Ataque Escampe, Caxade, e outras bandas de referencia no panorama actual galego,
Secho Y Los Invisibles son:
Sergio Castiñeiras: Voz e guitarra acústica
Anxo Araujo: Baixo
Benjamín Vázquez: Guitarra eléctrica
Roi Castaño: Batería e percusión

Lugar: Sala A Real - Aguiño (Ribeira)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.