Axenda

Lenda Ártabra + Encrucillada + Böj
sábado 29 outubro 2016
Vistas : 65

Concerto de tres das formacións máis representativas do novo Folk en Ferrolterra con Encrucillada, Lenda Ártabra e Böj. Tres formas diferentes de entender e interpretar a música tradicional se darán cita no mesmo escenario do Teatro Jofre o vindeiro sábado 29 de outubro ás 20:30 h.

Böj, grupo constituído en Ferrol en 2002, foi o gañador do concurso Runas do Festival de Ortigueira 2016. Koke Folgueira (guitarra e bouzauoki) e Xaime Villamor (frauta e gaita) creación a formación, con repertorio tradicional galego, asturiano, irlandés, escocés e bretón. Pablo Vergara (bodharm) incorporouse a finais de 2004 e en 2008 sumáronse Fausto Escrigas (whistles) e Hannah Kitts (violín e baile irlandés). A partir de aí foron collendo peso os repertorios irlandés e escocés. De Boj (buxo) pasou a chamarse Böj, que significa «loita» en Europa do Leste. Agora intégrano Fausto Escrigas (low whistle e bouzouki), Hannah Kitts (violín e baile irlandés), Matthew Ward (acordeón), Rubén Gómez (guitarra), Pablo Vergara (bodharm) e Ricardo Mouriño (gaita galega, tin whistle e frauta travesera).

Lenda Ártabra naceu a finais do ano 2013. Músicos que xa viñan de outros grupos xa disoltos quixeron volver tocar ese repertorio formado por cancións tradicionais e tamén temas propios con letras de grandes escritores galegos. Sete son os músicos que compoñen Lenda Ártabra. Mézclanse diferentes estilos formativos de cada músico, dende a música clásica, ata ritmos africanos, e, como non podía ser doutro xeito, o folk tradicional e melódico de Galicia.

O grupo Encrucillada xurdiu a finais do 2015 e está composto por seis músicos de distintas zonas da comarca de Ferrolterra: Fene, San Sadurniño, As Somozas, Narón e Valdoviño. Óscar Maceiras encárgase do bombo, Héctor Piñeiro do tamboril, Javier Rodríguez é acordeonista do grupo, Alberto Maceiras ao saxo e Antonio López, a gaita. A eles súmaselles Sara Guerreiro, a voz e pandeireta de Encrucillada, punto diferencial da música do grupo.

Lugar: Teatro Jofre - Ferrol
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.