Axenda

Culturgal 2016
From sexta feira 02 decembro 2016
To domingo 04 decembro 2016
Vistas : 207

E xa arranca a BSO desta edición o venres 2 co espectáculo inaugural de SondeSeu Orquestra Folk, que vén da man de Nalgures e con Rosa Cedrón e Orfeón de Treixadura como convidados. Antes, showcases na Carpa, cun programa que inclúe a presentación do disco do grupo ourensán Os Amigos dos Músicos con Gran Derby Records e a Gelria

Máis música durante os 3 días? Desde o Coro Cantigas e frores de Lugo ou o Orfeón do Berbés de Vigo até Silvia PenideXoán CurielSONIA LEBEDYNSKIPaloma Suanzes, Fran Amil e A Tribo Incomprensibel, Sindicato da noiteBerlai Eladio y los seres queridosEzetaerre
Língua Nativa ou Zurrumalla.

Ademais sinaturas de discos, incluíndo a de SESGuadi Galego o domingo, a presentación de GZmúsica o sábado, as alternativas sostibles de Trespés Redondela para os festivais, tamén sábado, a sesión sobre a seguridade en espectáculos ao vivo con Agem Asociación Empresas MusicaisMaruxa Eventos o venres ou a proxección de Torre de Breoghan de Jorge Coira e Abano Producións ao redor de Luar na Lubre e o seu proxecto coa Sinfónica de Galicia.

Xa sabedes ademais que o espectáculo central do sábado 3 é Budiñocon Paralaia 20 e Mercedes Peón de convidada e que a matinal do domingo 4 virá da man de María Fumaça Sonárbore Para os Especiais Culturgal, billetes en Entradas Ataquilla.com

Ah e nos "sopran" que Obradoiro de Gaitas Seivane, por primeira vez na Feira :), vai presentar unha gaita moi moi especial...

Con Esmerarte Industrias Creativas Inquedanzas Sonoras CUNDEMusicarte Rey Saavedra Festival Nun Local PXCultural FOL MÚSICAEscuela de Musica Euterpe S.L. Sanín Percusión tradicional
cultur.gal
Consulta e descarga o programa.
2,3,4 decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra

Lugar: Pazo da Cultura - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.