Axenda

DesOrdes Sonoras
sábado 10 decembro 2016
Vistas : 110

**DESORDES SONORAS**
O festival Artístico-Músical do DesOrdes Creativas. Un día de festón colectivo o vindeiro sábado 10 DE DECEMBRO no Campo da Feira de Ordes! Será unha xornada completiña con MÚSICA EN DIRECTO, DJ´S, LIVE PAINTING, SESIÓN VERMÚ, ROTEIRO GUIADO, COMIDA E BEBIDA rica ricorum e máis movidas promovidas todo baixo unha CARPA MOLONGA e abrigadiña e con ENTRADA de GRÁTIS!!!.

ACTUACIÓNS: ( A partir das 21:30 h.)
Familia Caamagno
SOKRAM (Dios Ke Te Crew)
BALA
The Fabulous Resaca Brothers
Croma

SESIÓN VERMÚ: ( de 12:00 a 16:00 h.)
Coa actuación de Os Do Xalo
Teremos unha lustrosa barra con comida riquiña, bebidas enerxéticas pra espantar o frío e pintxos pola moca.

LIVE PAINTING: (A partir das 12:00)
Coas intervencións artísticas de NO3L e NÖMADA (Miguel PeraltaCestola na Cachola)

ROTEIRO GUIADO ( Visita guiada aos tropecentos murais do DesOrdes Creativas que temos por toda a vila)
Guiado polo equipo de Mutante Creativo
Horario: Sábado pola tarde (Horario por confirmar)

Lugar: Campo da Feira - Ordes
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.