Axenda

Gelria
terza feira 27 decembro 2016
Vistas : 138

Por fin poderemos ter en directo a GELRIA en Compostela. Por fin poderemos escoitar 'Cantos de Poeta', o seu primeiro traballo discográfico. Trátase dunha antoloxía na que atopamos catorce dos principais poemas da lírica galega de todos os tempos postos en música por Gelria e que nos fan viaxar desde o Rexurdimento de Curros Enríquez e Rosalía de Castro até os autores dos nosos días como Xosé Luis Méndez Ferrín ou Chus Pato. Cada autor e cada texto marca o seu propio estilo musical, dende a música tradicional até a contemporánea, pasando polo jazz.

O espectáculo conta cunha coidada escenografía e con voces en off que nos guían, poñendo no oído do espectador os pequenos poemas que Manuel Rivas escribiu -especialmente para a ocasión- como introdución ás cancións que forman parte da antoloxía.

GELRIA:CANTOS DE POETA


Salon Teatro


Santiago


27/12/2016


Sinopse: "O concerto céntrase na presentación do libro disco Cantos de Poeta, primeiro traballo discográfico da banda Gelria. Trátase dunha antoloxía na que atopamos catorce dos principais poemas da lírica galega de todos os tempos postos en música por Gelria e que nos fan viaxar dende o Rexurdimento de Curros Enríquez e Rosalía de Castro até os autores dos nosos días como Xosé Luis Méndez Ferrín ou Chus Pato. Cada autor e cada texto marca o seu propio estilo musical, dende a música tradicional até a contemporánea, pasando polo jazz.

O espectáculo conta cunha coidada escenografía e con voces en off que nos guían, poñendo no oído do espectador os pequenos poemas que Manuel Rivas escribiu -especialmente para a ocasión- como introdución ás cancións que forman parte da antoloxía

Lugar: Salón Teatro - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.