Axenda

Grampoder
sexta feira 16 decembro 2016
Vistas : 53

Presentación do libro Bestiario do vestiario, de Martiño Suárez, editado por Carlos Meixide. O grupo Grampoder interpretará un miniconcerto con cancións dedicadas ao deporte.

En Trek Bicycle Store | Galicia (Rúa do Restollal, 63, Santiago de Compostela).

Pioneiras incomprendidas, goleadores borrachos, nazis, ciclistas drogados, 'hooligans' bizantinos, campións negros, perdedores exemplares, rastafaris, filósofos gregos, santos, espías da RDA, Elvis e Bob Marley...

Bestiario do vestiario xunta un zoolóxico de deportistas desviados en cincuenta historias nas marxes do heroísmo habitual do xénero, regadas con sangue, alcohol, épica e humor.

Estes textos do Bestiario do Vestiario (fóra tres escritos para a ocasión) foron publicados orixinalmente en DIOIVO na sección do mesmo nome e tiveron unha excelente acollida por parte dos lectores.

Lugar: Trek Bicycle Store - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.