Axenda

Mamá Cabra
quinta feira 22 decembro 2016
Vistas : 74

Actuación musical infantil de “Mamá Cabra”

Data de inicio: 22/12/2016
Horario:
Xoves, 22 de decembro ás 19h.
Lugar:
Casa da Cultura "Manuel María"

ACTIVIDADE: MÚSICA.

COMPAÑÍA: “MAMÁ CABRA”.

PÚBLICO: PARA TODOS OS PÚBLICOS .

ENTRADA: LIBRE (ATA COMPLETAR AFORO – CANDO A SALA ESTÉ CHEA NON PODERÁN ACCEDER Á MESMA MÁIS XENTE).

SINOPSE
Contan que só hai 4 estacións: primavera, verán, outono e inverno. Pero é mentira. Hai una máis e chámase Estación Nadal.
É a máis divertida do ano, porque é tempo de agasallos pero tamén de cancións e de vacacións e de galdrumadas e de… en fin, de todas as cousas boas que ten a vida.
Mamá Cabra quixo cantarlle á Estación Nadal. Escribíronlle unha carta aos Reis Magos e eles contestaron. Pediron unha morea de cousas, entre outras, que o recreo dure máis tempo. E todo iso, cantando. A que presta a Estación Nadal?

NOTA: UNHA VEZ COMEZADA A ACTUACIÓN, NON SE PODERÁ ACCEDER AO AUDITORIO (PERMANECERÁ PECHADO).

Lugar: Casa da Cultura Manuel María - Barbadás
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.