Axenda

Os Pankchos + Marisko del Bueno
quinta feira 22 decembro 2016
Vistas : 51

Concerto punk de Os Pankchos e Marisko Del Bueno - MDB no BAR EMBORA o XOVES 22 de DECEMBRO as 21:30h, ENTRADA DE BALDE.

-- OS PANKCHOS --
Punk, festa e tolemia son as palabras que mellor definen a Os Pankchos, unha banda formada en 2016 na cidade de Compostela que pon toda a súa raiba, entrega e forza en cada directo que dan. Se estás disposto a facer pogos, beber licor café ata que saia o sol e escoitar bo punk galego esta é a túa banda.

-- MARISKO DEL BUENO --
Marisko del Bueno (MDB) é unha banda de street punk con raíces vascas fundada fai 3 anos en Arzúa. Nas súas cancións falan da sociedade actual e o que os seus ollos ven no día a día. Ademais contan cun directo no que combinan veteranía e xuventude para crear unha descarga de enerxía na que calquer decibelio de mais é pouco.

Lugar: Bar Embora - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.