Axenda

ESD
cuarta feira 28 decembro 2016
Vistas : 76

Presentación do novo traballo de Xan Campos, ESD.

ESD é un cuarteto de jazz-rock (ou rock-jazz) formado por Virxilio da Silva (guitarra), Wilfried Wilde (guitarra), Iago Fernández (batería) e Xan Campos (teclados), coa colaboración especial de Yoel Molina (outra guitarra máis!).

Soa, entre outras cousas, a isto:
https://www.youtube.com/watch?v=Yms0D3_TyjY

Alí poderanse recoller as recompensas da campaña de crowdfunding. Grazas por facelo posible!

ESD é un cuarteto formado por dúas guitarras, teclados e batería, cun son eléctrico e un enfoque orgánico. É jazz, pero tamén é rock, música progresiva e por momentos improvisación libre psicodélica.

Este é o cuarto traballo liderado por Xan Campos, despois de Ida e volta, Orixe cero e Ectropía, que decide apostar por un son eléctrico, difícil de etiquetar e transgresor.

Os 9 temas que compoñen ESD naceron entre Copenhague, Berlín e Amsterdam. As tres cidades convértense en paisaxes sonoras ás que Campos rende tributo, desde Gama de grises a Memorias de Berlín, unha viaxe frenética por tres mundos e tres experiencias vitais.

ESD son:

- Virxilio da Silva: guitarra
- Wilfried Wilde: guitarra
- Xan Campos: teclados
- Iago Fernández: batería

Entrada: 5€

Lugar: Aturuxo Bar - Bueu
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.