Axenda

Modulador de Ondas
domingo 22 xaneiro 2017
Vistas : 85

O domingo 22 de xaneiro na Fonte do Galo de Cangas poderedes gozar do visionado dunha boísima película escoitando sons e música interpretada en directo.

"Os paxaros" (The Birds) é unha película estadounidense de 1963 dos xéneros de drama e terror dirixida por Alfred Hitchcock e con Tippi Hedren, Rod Taylor, Jessica Tandy, Suzanne Pleshette e Veronica Cartwright nos papeis principais. Baseouse nunha novela curta homónima de 1952 baseada á súa vez en feitos reais e escrita por Daphne du Maurier.

Aproveitando que Hitchcock eliminou a música incidental no desenvolvemento do filme para experimentar cos lapsos de silencio, eses lapsos valerán para que Paulo Pascual ( "Camarada Nimoy"https://www.facebook.com/camarada.nimoy , "Modulador de Ondas"https://www.facebook.com/Moduladordeondas ) provoque unha nova experiencia no espectador cos sons emitidos por un theremin en unha guitarra eléctrica.

Lugar: A Fonte do Galo - Cangas
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.