Axenda

Gancho Sanches + Peña + Esposa
quinta feira 05 xaneiro 2017
Vistas : 152

Casa das Crechas, xoves 5 de xaneiro ás 21:00 horas.

Que lonxe quedan esas Noites de Reis nas que un se deitaba nervioso e comía teito facendo inventario de zapatos e xanelas. Aínda que un deixase de crer en reis, cada vez desconfíe máis dos magos e non saiba onde empeza Oriente e acaba Occidente, dende Desconcierto Cultural queremos que recuperes a ilusión por esta noite cunha “Festa de Reis Republicana”. ROSCÓN, un doce que agocha a tres bandas que son todo un agasallo para gozar na compostelana Casa das Crechas. Será unha noite máxica ao calor do escenario do histórico local da Vía Sacra na que o punto final o poñerá a selección musical do Dj Lemur.


Gancho Sanches é unha banda afincada en Barcelona pero de procedencia galega. Está formada por Brais Sánchez (Braishtalung, ex Kertuler, guitarra acústica e voz), Matias Unruh (ex Telephones Rouges, guitarra eléctrica) e Iván Olmedo (ex Le Cûl, batería e coros). Teñen unha personalísima visión que respira post-rock e osixénase con psicodelia folk con letras escritas en inglés e galego.Veñen a presentar un EP titulado “Psicofonía Bolborítica”.


https://ganchosanches.bandcamp.com/


Esposa son e non son pop, tampouco son da new wave pero comparten moito do tolo espíritu desas bandas, ou como di Xavier Valiño na Mondosonoro "... muestran especial devoción por el pop rápido -cantado en gallego- en la onde The Feelies, con ecos de Devo o The Modern Lovers". María Fdez., Xacobe González, Cibrán Tenreiro e Mar Catarina veñen, ou forman parte, de bandas como Chicharrón, Monstruo ou Cudevaso.


https://esposa.bandcamp.com/album/se-or-de


Un proxecto como Peña só podía sair da conxunción de Rubén Abad (Trilitrate, Es Un Árbol, Cró!...), Elena Vázquez (violinista de Suelen Estar Quartet, O.M.E.G.A., Tripo e Orquesta Vigo 430) e Toño Magariños (baixista dos añorados Unicornibot, e parte de Los Collares de Perlas, diola, ademáis de líder de Marrones Burócratas) Trío inclasificable e único do que non podemos, nin queremos, desvelar máis. Abride ben as orellas!


O Dj lemur prodígase pouco pinchando música e cando o fai é impredecible. Electrónica percusiva, retrofuturismo, cumbia dub ou clásicos do punk galego poden soar nas súas sesións.Jose Lemurdirixeo programa musical Fantasma Accidental, que actualmente estase a emitir na Cuac FM, e axítase, e axita, na escena musical galega.

https://www.mixcloud.com/joselemur/

Lugar: Casa das Crechas - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.