Axenda

Mamá Cabra
sábado 07 xaneiro 2017
Vistas : 70

MAMÁ CABRA: "Paxaro Amigo. Músicas para a paz".

Sábado 7 de xaneiro, a partir das 19 horas, no Auditorio Municipal. Entrada: 2€.

Dirixido ao público infantil e familiar, "Paxaro amigo. Músicas para a paz" é un espectáculo que une música e teatro. Ten como protagonista a "Discordia", unha bruxa que é feliz destruíndo a paz. De feito, a paz prodúcelle picores por todo o corpo dende o cocote ata a punta do pé. Discordia goza facendo que todos os animais, e os humanos, se leven mal. E come olivas como unha tola... Menos mal que ten unha curmá fada … pois xa se sabe que na familia haiche de todo. Un día vai acontecer algo que cambiará o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre.





Lugar: Auditorio Municipal - Cariño
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.