Axenda

IV Edición "A Radio Conta"
terza feira 03 xaneiro 2017
Vistas : 56

Este martes, o Rosalía ‘arde’ en festa solidaria

Celébrase a IV edición de A Radio Conta no 150 aniversario do incendio que destruíu o teatro

O martes, 3/01/17 de 17:30 a 20h, o Teatro Rosalía Castro da Coruña acollerá a cuarta edición da Radio Conta, o programa que, con entrada libre, une sete emisoras públicas e privadas nunha mesma edición solidaria. Desta volta, a cita servirá tamén como homenaxe ao teatro local, posto que nesta data se cumpren, precisamente, 150 anos do incendio que destruíu o edificio.

Foi na noite do 3 ao 4 de xaneiro do 1867 cando as instalacións do Rosalía, daquela coñecido como Teatro Principal, se viron afectadas por un grande incendio que só deixou en pé os muros exteriores do edificio. Un ano despois, completaríase arestauración, despois de fracasaren os intentos de construír un novo teatro noutra zona da cidade.

Neste histórico escenario, profesionais de Onda CeroRadioVozRNECOPERadio GalegaRadio Coruña-Cadena SER, e Radio Marca volverán formar unha redacción única, nun programa en directo que contará coas actuacións de Os da RíaCurtis e Teixeiro (Xosé Antonio Touriñán e Federico Pérez), Sito SedesCántigas da Terra eSés. Ademais, acompañaranos convidados especiais coma o actor Martiño Rivas, o polifacético Paco Lodeiro, o alcalde herculino, Xulio Ferreiro, ou xornalistas galegos no exterior como Arturo Lezcano, Xaime Arias e Sabela Romar.

Asemade, o programa do martes contará con profesionais e beneficiarios da Asociación Agalure, á que este ano A Radio Conta dedica o programa. Agalure loita e educa contra a ludomanía e outras adiccións sen substancia desde hai máis de 20 anos na Coruña. Entre o seu labor está tratar e previr o abuso de máquinas recreativas, apostas deportivas, xogo (poker, casinos, lotería, en rede…) ou compras compulsivas.

A ludomanía aumenta a un ritmo espectacular. As peticións de axuda durante o ano que vén de rematar aumentaron case un 74% respecto ao 2014, e no 2016 a entidade realizou máis de 2600 consultas, practicamente o dobre que hai dous anos. Un dos asuntos que preocupan é a baixada da idade media das persoas atendidas (34,8 anos) e a vulnerabilidade dos menores respecto a tendencias en alza, como xogo en rede ou apostas deportivas. Nos últimos meses, Agalure detectou o caso dun neno de 11 anosque gastara 4.000 euros en xogos a través do móbil. A Radio Conta analizará a dimensión do problema con expertos coma o presidente da Federación Española de Jugadores de Azar Rehabilitados, Maxi Gutiérrez.

Asistir ao programa é de balde e haberá a posibilidade de facer donativos voluntarios ecomprar produtos, como unha camiseta conmemorativa, no teatro. Así mesmo, ainiciativa está aberta a colaboracións nunha fila cero, a través do número de conta da asociación:

Lugar: Teatro Rosalía de Castro - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.