Axenda

Mini e Mero
domingo 08 xaneiro 2017
Vistas : 73

DOMINGO 8, MINI E MERO NA HOMENAXE A ISAAC DÍAZ PARDO, CEMITERIO DE BOISACA #COMPOSTELA 12:30 H.

Mini e Mero, fieis á cita desde hai cinco anos, estarán no quinto cabodano de Isaac Díaz Pardo, cantándolle ao seu amigo. Será o domingo 8 ás 12:30 h. no cemiterio de Boisaca, no Concello de Santiago de Compostela. Deixamos imaxe do ano pasado, onde Mini e Mero cantaban desde a tumba de Aurelio Aguirre a Díaz Pardo, mentres o ceo compostelán choraba a súa ausencia.

O programa, que organiza a asociación Academia Real Isaac Díaz Pardo, inclúe unha procesión cívica até a súa tumba e un recitado do poema de Lorenzo Varela "Compañeiros da miña xeración mortos ou asasinados". Intervirán Guillermo Escrigas, Carlos Nuevo Cal, Luís Pasín, Bernardo Penabade, Olivia Rodríguez, Xulia Santiso e Andrés Varela. Tamén recitarán Carmen Blanco, Juan Carballo e Manuel Rivas; haberá unha ofrenda floral e unha solta de pombas e ofrenda de mazás. Clausurará o acto o presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero, e actuarán o grupo de gaitas Os Catro de Vigo e Mini e Mero.

Lugar: Cemiterio de Boisaca - Boisaca, San Caetano (Santiago de Compostela)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.