Axenda

Milhomes + Viva Bazooka + Roto
sábado 14 xaneiro 2017
Vistas : 76

Comezamos o ano moi a tope con tres dúos a ferro e lume!!

Viva Bazooka

Será o terceiro round no cuadrilátero infernal coiano, no que coma
sempre Viva bazooka descargarán nun directo brutal un alto voltaxe de afiados e frenéticos riffs e baterias modo locomotora.

Un pracer telos por aqui de novo, se non os tes controlados estás
moi out pero inda a tempo de engadilos a túa biblioteca de bandas
molonas.

https://vivabazooka.bandcamp.com/

Roto

Fan rock americano con letras en euskera. Quebradores de caderas e luxadores de articulacións. Veñen a partir a pana, farán do Distrito unha barra de bar do sur dos EEUU.

Milhomes

Oscuridades instrumentais made in A Guarda. Que a Santa Compaña faga pogos e que os sapos e as curuxas menéen o pescozo son algúns dos seus feitizos máis populares.

https://milhomes.bandcamp.com/

A aportación para as bandas será de 4 púas e a verbena comezará as 21h.

Lugar: Distrito 09 - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.