Axenda

Cinta Adhesiva
sexta feira 20 xaneiro 2017
Vistas : 127

Vaia teima co frío e a carencia de luz!!!
Nótaste pachorrenta ou cachazudo, cunha lentitude parsimoniosa e cansina? Acouga ruliñ@, temos a menciña : Cintaadhesiva. Chegou o momento de recargar as pilas. Precisamos dun reseteo integral, un chorro enerxético que alivie as nosas inquedanzas.

Cintaadhesiva penetra até o profundo da conciencia, e con eles tamén retornamos unha viaxe ao pasado, introducíndonos a un momento xa vivido e inquirido. A través dos seus sons, sintetizadores e loops, a guitarra bucólica e as verbas saídas directamente dos beizos de Silvia Penas, todo isto e máis fundido nunha actuación #shoegaze que quererás morrer, cho xuro ¡

O proxecto literario-musical abrangue máis do que poderemos vivir este sábado, o cal maniféstase sobre o fío condutor da música de Jesús Andrés TejadaPablo Muñiz Fernandez e o vídeo de Area Erina. Os textos de Silvia Penas van dotando de significado as melodías, os ritmos, a cadencia e as imaxes. Trátase dunha totalidade orgánica onde texto, música e vídeo non se acompañan, senón que tratan de fundirse e confundirse. Incluso ás veces o recitado convértese en canción…

Xeracións enteiras que non podemos estar máis agradecidas ao esforzo creativo dos artistas, que reclaman un toque, asomando por tódalas partes, e dándolle xeito e forma ás ideas que nos rondan pola cachola.

Quedades convidados á participar desta experiencia única. Esta finde en Sara García - PELUQ art un encontro a 3 triangular, convivindo nun mesmo espazo en harmonía.

Lugar: Peluq Art - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.