Axenda

María Manuela
sexta feira 13 xaneiro 2017
Vistas : 83

MARIA MANUELA

en Concerto

Venres 13 de xaneiro no Teatro Jofre de Ferrol

Hora: 21:00h.

Entrada adiantada: 8 euros.

Entrada billeteira: 10 euros.

Venda de entradas adiantadas en billeteira do Teatro Jofre e www.ataquilla.com



María Manuela é un símbolo de Ferrol na defensa da nosa lingua.


Cando no ano 1974 se xuntou ao seu compañeiro Miguel Varela, o Tranquilo, a música galega deu un salto cualitativo e moitos poemas galegos foron pouco a pouco inzándose de música. O dúo foi espallando poesía cantada por toda a xeografía galega e por fora da Galiza. Entre tanto foron gravando discos e rexistrando todo este proceso melódico e harmónico que inundaba os poemas de nova elocuencia compartida entre artes. María Manuela achégase novamente ao Teatro Jofre facer soar a música galega e lusófona neste teatro histórico. Espero que gosten como nós vamos desfrutar deste concerto.

Lugar: Teatro Jofre - Ferrol
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.