Axenda

Monofest
sábado 04 febreiro 2017
Vistas : 103

MONOFEST. festival de propostas unipersonais.
Tres propostas dun só compoñente unen as súas forzas nun pequeno festival no Liceo Mutante.

Timpahn
-------
Timpahn (Barcelona, electrónica industrial noise) é o proxecto en solitario de Yarei Molina que combina percusión e visuais. Música Industrial feita só con baterias, tímpani e percusións selfmade. Os concertos de Timpahn són inmersivos e espectaculares, unha experiencia única.
http://facebook.com/timpahn/
http://soundcloud.com/timpahn

Sr. Anido
--------
Rafa Anido é unha das mentes máis inquedas da escea subterránea galega. Ideólogo do Galician Bizarre, ten fundando tantos grupos e liderado tantos proxectos que describilo sería como describir a TVG.
https://sranido.bandcamp.com/

Modulador de Ondas
----------------
Proxecto recén estreado de Paulo Pascual ( Camarada Nimoy / Orquestra Metamovida ) que conta cun theremin, unha guitarra eléctrica, loop stations e proxeccións para poñer en escea composicións montadas a base de capas de son e elucubracións visuais.
www.metamovida.org/modulador
https://www.facebook.com/Moduladordeondas/

Lugar: Liceo Mutante - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.