Axenda

MJ Pérez
sábado 18 marzo 2017
Vistas : 178

MJ Pérez ofrecerá por primeira vez en Santiago un concerto con toda a súa banda en formato eléctrico. Un formato no que o seu disco "Guerrilleira" cobra unha nova dimensión.

Será un día especial dentro desta "Xira 2017" que comeza coa despedida de "Guerrilleira" e repaso tamén dos mellores temas do seu primeiro disco "Ollos que non ven, síntoma de cegueira". Todo para ir dando paso ao seu novo disco que comezará a gravar en breve.

Algo que fai especial tamén este concerto é que se interpretará un pequeno avance do novo traballo de MJ, no que conta cunha colaboración especial... de quen se trata? Dirémolo nos próximos días!

En definitiva... non perdades este concerto!
Sábado 18 de marzo // 22:00h // Sala Moon (Santiago) // Entrada: 3€

Lugar: Sala Moon - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.