Axenda

Ivy Moon
sexta feira 07 abril 2017
Vistas : 165

Ivy Moon ofrecerá este venres un concerto do máis especial na súa cidade natal. A banda, que presenta a súa nova xira "White Fire", fai agora parada en Santiago.

Este será o primeiro concerto que o grupo ofrece na cidade logo de viaxar o pasado mes decembro para representar a España no concurso internacional Imagine Festival, celebrado na cidade de Zagreb (Croacia). Tras unha pausa, Ivy Moon regresa cunha nova xira "White Fire" na que farán, como de costume, unha boa mostra do seu Rock Alternativo e Psicodelia co son auténtico que caracteriza a esta formación atrevida, multiinstrumental e fresca.

Será este venres 7 de abril, na Sala Moon, ás 22:00h . Entrada: 4€

Lugar: Sala Moon - Santiago de Compostela